Tradutores Tweedy
in English
[In English]


Tradutores Tweedy
Fotografía de Vigo

Menú principal

Currículo
Linguas
Tipoloxía de textos
Prazos de entrega
Prezos
Ferramentas en liña

Currículo:
Non son graduado nin nada pero a ver que tal se dá. Eu teño moitas ganas e ilusión, que nesta vida son as dúas cousas máis importantes. Alén diso, confío tamén no chisco de sorte que é sempre tan preciso en todos os eidos da nosa triste existencia neste efémero mundo.

Volver ao menú principal


Linguas:
Unha, a que teño dentro da boca aínda que esa non a presto a ninguén. Pero ben, á marxe diso tamén falo galego, español, inglés, alemán e estou agora mesmo co francés, que o teño medio atragoado.

Volver ao menú principal


Tipoloxía de textos:
De todo tipo, eu estou nisto polos cartos así que cantos máis encargos veñan, moito mellor. Teño dous fillos pequenos e unha muller enferma á que teño que dar de comer, así que vostedes pidan por esa boca e, sobre todo, paguen.

Volver ao menú principal

Prazos de entrega:
Dependerá en xeral do tipo de texto que se me entregue e da extensión de devandito texto, mais han de saber que na miña familia me coñecen polo traballadorciño que son: son quen de pasar a noite en vela por lle entregar o traballo ben feito e rematado. Confíen en min e non os decepcionarei.


Volver ao menú principal


Prezos:
O prezo de saída é de 0'15 € cando se tratar de textos técnicos e de 0'1 € con traducións do rexistro estándar de calquera das linguas que manexo. A partir de aí, todo é negociable, e confío en que se poida chegar a un acordo.

Volver ao menú principal


Ferramentas en liña:
1. Google: Buscador xenérico de información en Internet.
2. RAG: Dicionario da Real Academia Galega.
3. Dicionario CLUVI: Dicionario da Universidade de Vigo para traducións entre galego e inglés.
4. Tradutor de Google: Ferramenta de tradución automática en múltiples linguas.

Volver ao menú principal







Para contactares comigo, escribe a:
Ligazón á miña conta de correo electrónico
jarcaf2014@gmail.com







contadores web